Blogia
FORO ABIERTO DA XUVENTUDE

RESPALDO...

RESPALDO...

Este foro ten para a delegación un grande interese porque reune duas preocupacións importantes para mim: duna banda o poder traballar conxuntamente entre a colectividade galega de Arxentina e, por outra, encaixa perfectamente na filosofia de creación desta delegacion.

Polo tanto felicito aos promotores por esta iniciativa que ten ese sentido de unidade que compartimos plenamente e ten, sobretodo, o interese fundamental de que pensa no futuro dá colectividade na medida en que se preocupa por axudar aos rapaces mais novos a atopar o seu sitio cando lles corresponda asumir a natural substitución xerenacional, que, en alguns casos, pódese empezar a producir xa, noutros hai que prepararse para afrontalo, hai que definir cales son os novos retos, cal é o papel que teñen que xogar as colectividades nesta Galicia global que esta a unha e outra beira do Atlántico.

E, nese sentido, a delegacion da Xunta de Galicia que coñece a preocupacion do goberno galego e dá sociedade galega por axudar a encamiñar o futuro, esta disposta a colaborar sempre, e estará ao lado dá Union de Asociacións Galegas de Arxentina para levar adiante este labor.

MARIA XOSÉ PORTEIRO GARCÍA 
Delegada de la Xunta de Galicia en Buenos Aires.

Palabras de la Señora Delegada al programa de la TVG Lembrando a Galicia que se emitirá el próximo día jueves 12 a las 21:00 horas, por la señal internacional de la televisión gallega.

0 comentarios