Blogia
FORO ABIERTO DA XUVENTUDE

GALIZA GLOBAL E FUTURO...

GALIZA GLOBAL E FUTURO...

Futuro, mocidade. No caso da colectividade galega no exterior, o futuro pasa polos proxectos do presente, que non teñen porque deixar de respeitar o pasado do esforzo  de que moitas asociacións e iniciativas existan, máis que deben ter a liberdade, unida á capacidade da iniciativa propria, que impón pola realidade mesma actual novas formas e proxectos, consecuencia dun cambio dun estilo de vida e de relacionamento tamén no mundo asociativo., ou no que queda del. O debate non é tanto entre continuismo ou rupturismo, senon en decidir se hai vontade constructiva, ampliadora, creadora, innovadora. A nación galega, entendendo como tal, o pais en toda a súa dimensión externa e interna, a Galiza Global, precisa mocidade con talento, con capacidade, con proxectos pluralistas, participativos e proxectados e medio prazo, non efimeros e dependentes dunha subvención concreta, dun acto, dun xesto partidista dos que tan acostumados nos tivo o pasado. Proxectos de debate, de diálogo, de acción, proxectos na nosa lingua, da Galiza que traspasen fronteiras, e que teñan vida propria en cada un de vós, no voso tempo e ilusión empregados e nos desexos activos de mudanza que se dan con iniciativas deste tipo.

 

Cando hai dous anos tiven a oportunidade de participar na inauguración do I° Foro da Xuventude organizado por esta entidade, agradecin moito ter a oportunidade de poder asistir, e pensei que polo menos, xunto con outras iniciativas paralelas individualizadas ou focalizadas en centros concretos, continuaba a abrirse na colectividade galega de Bos Aires, o debate da supervivencia ou non, consciente e por ela mesma. Agora compre profundizalo, e crear accións transversales, que unan, que dinamicen, onde teña entrada dende o pequeno ao grande da colectividade, con iniciativas transversales, como que haxa mas mozas e mozos nas comisións directivas dos Centros, como que se impulse un tema tan importante para a nosa identidade como é a promoción da lingua, que si se bota en falla e pola que debedes de implicarvos máis, e tantas outras que vos corresponde deseñar e levar á práctica sen medos e con empuxe. Noraboa, xente emprendedora, noraboa por esta iniciativa que vai sumando un grao mais a esta nación nosa que está viva na identidade idividual e na colectiva en cada actuar. Noraboa á Comisión organizadora, noraboa ás amigas e amigos que participan, transmitindo o permanente compromiso de cooperación do Bloque Nacionalista Galego. Con afecto nosos saudos, lonxe na distancia pero perto na comunicación.

 

ANA MIRANDA PAZ

Responsable da Comisión Nacional de Migración

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

0 comentarios